Hoxe falamos co noso compañeiro Xan Sabarís, de Sabarís Media (http://www.sabarismedia.com/)

Sabarís Media é unha consultoría de comunicación, xornalismo e deseño. Desenvolvemos plans de comunicación, creamos publicacións, deseñamos marcas e proxectos, e levamos a cabo proxectos de “data visualization” e infografía.

Cóntanos algo sobre ti.
Son de Zacande e do Celta. Os lugares onde máis tempo vivín fóra de Galicia son Pamplona, onde estudei, e Pequín, onde aprendín a vivir. Polo medio pasei por Bilbao. En quinto de Primaria xa sabía que quería ser xornalista, e anos lle dediquei á profesión, pero agora dedico a maior parte do tempo á comunicación visual corporativa e institucional. Sempre mando “un saudiño”.

Cóntanos un dato curioso da túa empresa.
O logotipo, se cadra. Inspírase nos xornalistas estadounidenses de mediados do século XX, coa súa característica acreditación de prensa na banda do sombreiro. Certamente, unha imaxe icónica amplamente difunda polo cine pero, realmente, semella, pouco habitual.

Que é o que máis che gusta de traballar nun coworking?
A sensación de estar nunha redacción dun xornal. Ese ambiente e bo rollo cos compañeiros. Non hai esas noites electorais trepidantes, con xente dando voltas por toda a sala, pero ás veces algunha conversa animada aparece.

Dinos algo que aprendeses doutro membro de Peregrina 25.
A importancia da pausa, de tomar un café cos compañeiros. Ese tempo de descanso, de desconexión, é fundamental para recargar pilas, para manter o rendemento durante máis tempo.

Que é o que máis che gusta de Pontevedra?
O seu ritmo lento. Iso é o que máis me gusta e, ao mesmo tempo, o que menos. Haberá quen me entenda…

Cal é a túa canción favorita?
Se teño que dicir só unha, direi Bohemian Rhapsody.