Espiral Xestión Cultural é una empresa dedicada na actualidade á xestión de espazos culturais e ao deseño de actividades didácticas vinculadas ao patrimonio. A nosa variada experiencia no sector inclúe a xestión integral de equipamentos, o deseño de rutas patrimoniais e programas de actividades específicos para escolares e outros colectivos, o seguimento e participación en intervencións arqueolóxicas e a organización de eventos.
Con base no desenvolvemento de produtos innovadores, na acción conxunta cos diferentes actores implicados e na elaboración de programas competitivos e profesionais; podemos afirmar que o deseño integral de proxectos é a nosa ferramenta básica de traballo. Isto comporta unha especialización en gran variedade de campos e disciplinas: deseño e produción de contidos, didáctica, atención ao público, deseño gráfico e artístico, dinamización sociocultural, marketing cultural, servizo de consultaría estratéxica (plans de viabilidade, avaliación de recursos culturais, elaboración de plans de dinamización patrimonial), etc.